Como funciona?

DETALLES XERAIS

  • Poranse en circulación 2.000 tarxetas regalo de tres cantidades: 20€, 30€ e 50€
  • Todas as tarxetas estarán identificadas cun código numerario para facilitar a trazabilidade na súa distribución e un código de barras para o lector do comercio.
  • Ese código de barras require ser rexistrado polo comercio no seu sistema.
  • O deseño ten unha cara frontal común na que so cambia o valor da tarxeta, e unha cara posterior con espazo para poñer un selo identificativo, que será de AEVA no caso das tarxetas xenéricas vendidas a empresas, e o de cada comercio que decida vendelas e sumarse á iniciativa.
  • As tarxetas xenéricas serán xestionadas directamente por AEVA que as venderá ás empresas que desexen empregalas como regalo ou incentivo para o seu persoal. AEVA tamén fará venda directa ao público nas súas oficinas ou en eventos.
  • Un porcentaxe das tarxetas entregarase directamente aos comercios interesados para que as personalicen e as empreguen coa súa clientela. Estas tarxetas dos comercios só servirán para mercar no negocio que a venda.
  • As tarxetas poderán gastarse nos comercios adscritos á campaña os cales estarán identificados por un indicativo no escaparate (vinilo ou cartaz). Tamén haberá un listado cos detalles en empresariosdevaldeorras.com e na sede de AEVA.
  • No caso de devolución da compra feita coa tarxeta non se realizarán reembolsos en efectivo, so cambios por outro produto ou vales de compra do propio comercio. Recoméndase ao comercio indicar no ticket que a forma de pago foi a tarxeta regalo.
  • Nin AEVA nin os negocios adscritos responsabilízanse da perda, roubo ou deterioro da tarxeta, que perderá o seu valor.
  • O prazo de vixencia das tarxetas é ata o 31 de decembro de 2023

  

TARXETAS XENÉRICAS DE AEVA 

  • Estas tarxetas levarán o cuño de AEVA. As tarxetas sen cuño non serán válidas.
  • Poderán gastarse nos negocios adscritos á campaña
  • Cada tarxeta so se pode empregar nunha tenda e nunha única compra. 
  • En ningún caso o comerciante está obrigado a devolver efectivo dentro desa compra se non cubre o valor total da tarxeta, ou a deixar saldo pendente. 
  • O reembolso do valor das tarxetas aos comerciantes farase trala entrega das mesmas na oficina de AEVA.
  • AEVA so pagará o valor das tarxetas aos responsables de comercios adscritos ao programa. Nunca se reembolsará efectivo a persoas privadas que puideran recibilo como incentivo ou a tendas non adscritas.
  • Unha vez pechado o circuito comercial da tarxeta e reembolsado o seu valor ao comercio, AEVA valorará poñela de novo en circulación, mantendo o control a traveso dos códigos numerarios.

 

TARXETAS DAS TENDAS

  • Estas tarxetas quedarán baixo o control directo do comercio que poderá reutilizalas ou destruilas tralo uso.
  • O comercio debe personalizar as súas tarxetas co cuño do comercio e cunha sinatura recoñecible para activar o valor da tarxeta e facelo no momento da venda. As tarxetas sen cuño, xa sexa de AEVA (as xenéricas) ou o do comercio non serán válidas.
  • Estas tarxetas servirán so para gastos neste comercio e nunha única compra. 
  • En ningún caso o comerciante está obrigado a devolver efectivo dentro desa compra se non cubre o valor total da tarxeta, ou a deixar saldo pendente.

 

ENTREGA E CONTROL DAS TARXETAS

  • Os negocios que queiran sumarse deberán cumplimentar un formulario e aceptar as condicións da mesma. O seu nome e distintivo formará parte das comunicacións públicas da campaña tanto en medios de comunicación como redes sociais.
  • Con cada entrega de tarxetas asinarase un albarán de entrega, quedando rexistrados os códigos das tarxetas entregados en cada caso.
  • Tanto a venda das tarxetas a empresas como o reembolso do efectivo aos negocios farase a través de conta bancaria. En cada caso emitirase un recibo pola cantidade intercambiada e de ser necesario, as empresas que adquiran tarxetas regalo para os seus empregados poderán solicitar unha factura a AEVA que será emitida sen IVE ao non corresponder a adquisición de ningún ben concreto.

Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.