Recomenda Valdeorras

Esta guía é o resultado dunha formación promovida por AEVA para fomentar o coñecemento dos recursos turísticos da comarca por parte de profesionais de diferentes sectores que traballan de cara ao público.

Comerciantes, hostaleiros, adegas... sumáronse a unha iniciativa coordinada polos guías turísticos oficiais Soledad Figueroa e Luís Carrón. O resultado é unha rede de RECOMENDADORES identificados cun distintivo nos seus negocios coa marca «AQUÍ RECOMENDA VALDEORRAS».

 

 

MAPA

No seguinte mapa, creado como unha LISTA DE GOOGLE MAPS, poden localizarse os puntos recomendados. Facilitamos así a visita por tema, proximidade ou simple exercicio de descuberta da comarca. Está pensado para consultar dende o móbil.

 

GUÍA

Esta GUÍA de recursos turísticos de Valdeorras, empregada durante a formación, está dividade en 4 rutas: FE E FEUDALISMO, IN VINO VERITAS, O OURO DE ROMA e HAI OUTRA GALIZA. Tamén inclúe recomendacións de cada un dos nove concellos que integran a comarca.

 

NEGOCIOS

Neste MAPA DE PROPOSTAS TURÍSTICAS poderás atopar o contacto de empresas de turismo activo, enoturismo, restaurantes, hoteis, tendas de viño, embutidos, etcétera.  Para que non te vaias sen desfrutar da comarca e ademais, podas levala posta.

 

OUTROS ENLACES

PROGRAMA COMPLETO da formación

QUEDA EN VALDEORRAS, web de turismo promovida polo Concello do Barco

GUÍA TURÍSTICA DE VALDEORRAS GALEGO / CASTELÁN

Información sobre Cookies

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para recopilar información que ayude a optimizar su navegación web. No se utilizan cookies para recoger información de carácter personal. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información o conocer cómo cambiar la configuración, en nuestra Política de Cookies.