Valdecash é unha tarxeta regalo creada dende a Asociación Empresarial de Valdeorras co apoio do Inorde para incentivar o comercio de proximidade e o consumo responsable. Cunha imaxe unificada que evoca o concepto de moeda local, estas tarxetas de 20€, 30€ e 50€, poderán adquirirse directamente en AEVA ou nos negocios adscritos ó programa. A diferencia radica en que as que leven o selo de AEVA no reverso poderán gastarse en calquera dos negocios adscritos e as mercadas nas tendas, serán válidas só nese establecemento, que as personalizará co seu cuño.
Tanto a imaxe como a denominación VALDECASH trata de evocar o concepto de moeda local, para fomentar entre a veciñanza a idea de economía circular, cohesión territorial e apoio mutuo entre comercio e empresas. Para iso, as tarxetas están sendo ofrecidas tamén a empresas e institucións valdeorresas para que consideren o seu uso como regalo ou incentivo navideño para os seus empregados.
OBXECTIVOS E VALORES
- Dinamización do comercio local
- Mellora da viabilidade dos negocios
- Consumo responsable e de proximidade
- Sostenibilidade e respecto medioambiental
- Creación de sinerxias entre sectores económicos
- Fomento das relacións veciñais e da cohesión social
- Impulso da rede de economía local
- Mellora da calidade de vida na comarca