Resultado do sorteo de 1000€ en vales de compra e 12 estoxos de viño da D.O. Valdeorras

O sorteo realizouse, ante notario, nas oficinas de AEVA / CCA O Barco

Resultado do sorteo Campaña Nadal 2018

O sorteo de 1000€ en vales de compra e 12 estoxos de viño doados pola Asociación Ruta do Viño de Valdeorras levouse a cabo ás 14:30 horas. Realizouse ante notario nas oficinas de AEVA e CCA O Barco. Estiveron presentes membros de ambas as asociacións e da comisión de comercio.

Forma parte da campaña de Nadal “Un Nadal de Todos” organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras e a Asociación Centro Comercial Aberto O Barco, coa colaboración do Concello do Barco, o Consello Regulador da DO Valdeorras e a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras

Comments are closed.