Resultado do sorteo do I Concurso de Maridanza

Resultado do sorteo do I Concurso de MaridanzaResultado do sorteo do I Concurso de Maridanza

Este concurso naceu coa intención de engadir novidades ás Xornadas Gastronómicas do Entroido no seu vinte aniversario.

Dar a coñecer a gastronomía local e fomentar o coñecemento do sector vitivinícola da comarca era un dos seus obxectivos.

A resposta, tanto de hostaleiros como dos comensais, foi boa. O resultado, en canto a participación, foi satisfactorio, xa que durante os 10 días que durou o evento servíronse preto de 200 menús nos 8 restaurantes participantes.

Cada un dos restaurantes participantes elaborou un menú pechado que constaba de primeiro, segundo e sobremesa. Co primeiro prato deste menú os comensais tiñan que catar o viño ofrecido polo restaurante e valorar a maridaxe proposta.

Para valorar a maridaxe tiñan que emitir un voto de entre 1 e 5 puntos, sendo 5 a mellor puntuación. Entre todos os votantes sorteáronse 6 visitas enoturísticas a adegas pertencentes á D.O. Valdeorras.

Hai uns días coñeciamos o nome dos restaurantes gañadores polas súas propostas de maridanza. Estes foron:

  • Il Piacere polo seu maridanza con viño tinto da DO Valdeorras.
    • Prato: Canutillos de chacina con foie e confeitura
    • Viño: Cóbados de Larouco, mencía barrica de Adega Viña Costeira
  • Piquiño Restaurante polo seu maridanza con viño brando da DO Valdeorras.
    • Prato: Bolos de vento de bacalo con ” coiras”
    • Viño: Pedrazais, godello sobre leas de Adega Alan de Val

Os restaurantes participantes foron: Il Piacere, Fernando III, Pazo do Castro, Chanfainas, Casa Galaica, Cociña do Lareira, Piquiño Restaurante e A Querida.

 

Comments are closed.