Proxecto AEVA-emprega-TE

tríptico_empregate-1 tríptico_empregate-2

Obxectivos do proxecto AEVAempregaTE

Con este proxecto perseguimos un triplo obxectivo:

  • Contribuír á mellora da empregabilidade do colectivo de desempregados e fomentar o emprendemento
  •  Programar accións formativas acordes coas necesidades do mercado laboral e procurar a reciclaxe empresarial
  • Coñecer e aproveitar o potencial  das estratexias de marketing dixital 

A mellora da empregabilidade se fomenta coa posta en marcha de distintas accións de orientación laboral e intermediación laboral. Queremos  promover a motivación e a actitude positiva para afrontar a busca de emprego.

Fomentamos o emprendemento informando e formando aos usuarios. Axudámoslles a identificar os nichos de negocio e os recursos endóxenos da comarca.

As accións formativas pretender servir como canle para mellorar a capacitación profesional dos usuarios,  e a súa reciclaxe. As necesidades de man de obra no mercado laboral son tidas en conta na programación dos contidos formativos.

Incidimos no desenvolvemento do sector turístico   e nas potencialidades dos recursos paisaxísticos, patrimoniais e gastronómicos da comarca. Queremos favorecer a promoción do enoturismo como produto turístico alternativo e complementario dun sector vitivinícola en crecente desenvolvemento

O coñecemento dos novos patróns dixitais servirán para aproveitar o potencial dunhas estratexias de marketing mais efectivas e competitivas

O proxecto está financiado pola Deputación Provincial de Ourense a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde)

Ver tríptico en PDF