O sector vinícola intégrase na asociación dos empresarios

Noticia del Diario la Región

A aposta pola industria vinícola da Asociación Empresarial de Valdeorras ( AEVA), que preside unha represetante do citado sector, Araceli Fernández do Palacio, propiciará proximamente a ampliación do número de asociados. Este aumento é consecuencia da integración da Asociación de Empresarios Adegueiros de Valdeorras.

Ademais, a procura dunha maior implicación da industria do viño nas actividades de AEVA facilitará a firma dun convenio de colaboración da Ruta do Viño de Valdeorras.

Estes dous acordos deberán ser ratificados polos seus socios na asemblea xeral ordinaria convocada para as 20,45 horas do 14 de xuño, no Edificio de Usos Múltiples do Barco.

Na reunión, os socios tamén analizarán a memoria das actividades de 2017 e os orzamentos de 2017 e 2018. Ao finalizar terá lugar un acto de recoñecemento ás empresas que cumpren 20 anos en AEVA.

Rematará o acto de clausura, que corre por conta do director xeral do Grupo Cuevas, Artur Yuste Tarragó.

Artigo de José M. Cruz

Ver noticia en PDF

Comments are closed.