Empresarios adegueiros nun Showroom da DO valdeorresa na Coruña

Empresarios adegueiros acodiron á presentación da DO Valdeorras na Coruña

Os empresarios de Valdeorras traballan en prol da comarca e mostra diso son os 20 empresarios adegueiros que acudiron á presentación  da Denominación de Orixe Valdeorras  no Hotel Finisterre da Coruña

Empresarios bodegueros acuden a la presentación de la DO valdeorresa

Ao longo do día de onte haubo un showroom no que participaron todas  as adegas asistentes. Os visitantes que se acheguaron ata o hotel de presentación  poideron degustar diferentes referencias de viños brancos e tintos.

A ocasión tamén serviu para presentar a obra “Valdeorras” do historietista e ilustrador Miguelanxo Prado, que  pretende mostrar, a modo de caderno de viaxes, un percorrido por toda a comarca. Para poder desenvolver o traballo,   o autor realizou dúas viaxes por Valdeorras que lle permitiron coñecer a fondo a DO.

O presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, presentou esta iniciativa en rolda de prensa na que destacou a calidade dos viños brancos e tintos valdeorreses.

Os responsables do organismo regulador teñen previsto, durante este ano,  continuar desenvolvendo accións promocionais noutras cidades españolas. Málaga, Madrid ou San Sebastián son algúns dos destinos proxectados, xa que “todas elas representan mercados potenciais para os nos viños” asegurou José Luis G.  Pando.

O presidente da DO non desaproveitou a ocasión para convidar a todos os asistentes á rolda de prensa á próxima Feira do Viño de Valdeorras,  que se celebrará os días  14 e 15 de xullo no Barco, e na que participarán máis de 20 adegas.

Comments are closed.