I CONCURSO DE MARIDANZAS. BASES DO CONCURSO DE INSTAGRAM #MARIDANZANOENTROIDO

You are here Inicio  > >  I CONCURSO DE MARIDANZAS. BASES DO CONCURSO DE INSTAGRAM #MARIDANZANOENTROIDO

BASES DO CONCURSO

A Asociación Empresarial de Valdeorras e o Centro Comercial Aberto O Barco, en colaboración co  Concello de O Barco, o  Consello Regulador da Denominación de Orixe  Valdeorras e a Asociación Ruta do Viño de Valdeorras,  organizan o  I CONCURSO INSTAGRAM #MARIDANZANOENTROIDO, enmarcado dentro das XX XORNADAS GASTRONÓMICAS DO ENTROIDO e sortea 2 VISITAS DE ENOTURISMO,  para dúas  persoas,  entre as persoas que se saquen unha foto para o concurso de Instagram #maridanzanoentroido nos restaurantes participantes na acción gastronómica, entre o 28 de febreiro e o 9 de marzo de 2019, acorde coas seguintes bases:

DESENVOLVEMENTO  DA ACTIVIDADE:  O concurso levarase a cabo nos restaurantes participantes entre o 28 de febreiro e o 9 de marzo de 2019 en Xornadas Gastronómicas  do  Entroido.

CONDICIONES DE PARTICIPACIÓN: Poderán participar  no sorteo todas  as persoas  maiores de idade que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Se fagan unha foto nos restaurantes participantes Xornadas Gastronómicas  do  Entroido, entre o 28 de febreiro e o 9 de marzo de 2019
  2. A foto teñen que subila á súa conta do Instagram co  hastag # maridanzanoentroido e  etiquetar a @ aeva_ valdeorras, @ obarcocca e @ruta_vino_ valdeorras
  3. Na foto ten que aparecer algún elemento identificativo do restaurante, un prato de comida do menú que estean a degustar e a copa de viño coa que maridan esa comida.
  4. Os perfís de Instagram das persoas que participan teñen que ser públicos para que podamos ver as fotos.

DATA E  LUGAR DE REALIZACIÓN DO SORTEO:  A elección das dúas fotos gañadoras das 2 VISITAS DE  ENOTURISMO para 2 persoas realizarase na oficina a Asociación Empresarial de Valdeorras  ás 10.00 horas, do 14 de marzo de 2019. Na elección das dúas fotos gañadoras terase en conta que na fotografía están incluídos todos os elementos requiridos no punto 3 do apartado CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN NO CONCURSO. Serán gañadoras aquelas dúas fotografías mellor integren todos estes elementos.

COMUNICACIÓN COAS  PERSOAS  GAÑADORAS  E  RECOLLIDA DOS PREMIOS:  Os gañadores das 2 VISITAS DE ENOTURISMO para dúas persoas serán avisados por mensaxe privada a través de  instagram e disporán de 15 días naturais para aceptar o premio. O prazo para a aceptación remata o día 29 de marzo de 2019.

Os premios teñen caducidade de 2 meses, son  personais e intransferibles e, en ningún caso poderán ser obxecto de cambio, transmisión ou compensación en metálico.

DATOS PERSOAIS DOS PARTICIPANTES:  Os datos facilitados polos participantes  deberán ser veraces. En caso de falsedade, serían apartados do sorteo. Se as organizacións  que convocan  o premio ou cualquera  outra  entidad que esté ligada profesionalmente a la presente promoción, detecta cualquier anomalía o sospechan que un participante está impidiendo el normal desarrollo de la promoción, alterando ilegalmente su registro o su nominación mediante cualquier procedimiento podrán, de forma unilateral, eliminar la participación de dicha persona.

RESERVAS E LIMITACIÓNS: A Asociación Empresarial de Valdeorras, AEVA.- queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro nos datos facilitados polos propios agraciados, que impedise a súa identificación. – resérvase o dereito para efectuar cambios que redunden no bo fin do concurso cando concorra causa xusta ou motivos de forza maior que impidan levala a termo na forma en que recollen as presentes bases. – resérvase o dereito para aprazar ou ampliar o período do concurso, así como a facultade de interpretar as presentes bases legais. – Quedará exenta de toda responsabilidade se concorrer algún dos casos sinalados, así como de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos que puidesen ocasionarse durante o #gozar do premio ou que puidese causar o propio premio.

PROTECCIÓN DE DATOS: De conformidade co RGPD (UE) 2016/679 infórmaselle que o responsable dos seus datos é AEVA con domicilio en Praza do Concello, 1. 32300 O Barco de Valdeorras, Ourense. A finalidade do uso dos datos é a xestión da XX Xornadas Gastronómicas do Entroido. A lexitimación do uso dos seus datos está baseada no consentimento do interesado. Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal. Pode acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, como se explica na información adicional que pode consultar en www.empresariosdevaldeorras.com/aeva/aviso-legal/

PROPIEDADE INTELECTUAL E CESIÓN DE IMAXE: O participante consente de forma expresa que o seu nome e apelidos poidan publicarse nos medios de comunicación de AEVA en caso de ser agraciado co premio. A participación no Concurso supón a cesión e autorización expresa de todos os dereitos de propiedade intelectual e de imaxe, de forma que o participante cede a AEVA os dereitos de explotación de natureza intelectual, industrial e/ou de imaxe que puidesen corresponderlle de forma indefinida. O gañador do concurso autoriza de forma expresa a AEVA a reproducir e utilizar o seu nome e apelidos en calquera actividade publi-promocional relacionada co sorteo en que resultou gañador (ou simplemente “para actividades publi-promocionais de AEVA ou a súa páxina web), a través dos medios de comunicación legais (na web, Facebook, Twitter, Instagram, LinkedIn…) sen que dita utilización confíralle dereito de remuneración ou beneficio algún, fóra da entrega do premio gañado. A cesión da imaxe para a finalidade descrita faise con carácter indefinido.

ACEPTACIÓN DAS BASES: A simple participación no concurso e a aceptación do premio implica a aceptación destas bases legais, polo que a manifestación no sentido de non aceptación da totalidade ou parte das mesmas implicará a exclusión do participante e como consecuencia diso, AEVA quedará liberada do cumprimento da obrigación contraída con devandito participante.



Reviews are closed.