Emprego Xuvenil
PROCEDEMENTO: TR352C.
Subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de mozos desempregados inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización de servizos de interese xeral e social.
Descrición do Programa:
Con data 21/11/2017 ditouse pola Secretaría Xeral de Emprego, Resolución pola que se outorga unha subvención, con cargo a aplicación orzamentaria 09.40.322C.481.5, á entidade ASOCIACIÓN EMPRESARIAL DE VALDEORRAS.
A través desta subvención contratamos a dous mozos desempregados. Para iso deben estar inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil. A contratación realizarase a partir do día 19 de decembro de 2017, e durante 7 meses. Durante este contrato levarán a cabo o denominado:
“SERVIZO DE APOIO A EMPRESAS PARA INCREMENTAR A SÚA COMPETITIVIDADE E OS TRABALLADORES/AS DESEMPREGADOS”
Obxectivos :
Apoio no reforzo dos servizos que se prestan ás empresas de Valdeorras. O obxectivo é propiciar unha mellor competitividade do tecido empresarial na comarca e fomentar o emprego en Valdeorras.
Financiación:
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil,a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.