Días Azuis do comercio galego

Hoxe ponse en marcha unha nova edición da campaña “Días Azuis do comercio galego” que organizan a Federación Galega de Comercio, a Xunta de Galicia e Abanca en colaboración coas federacións provinciais, as asociacións de comerciantes e os centros comerciais abertos de Galicia.

Dias Azuis

CAMPAÑA

Terá lugar entre os días 13 e 26 de maio. Poden participar todos os clientes docomercio de proximidade de Galicia que compren nestes días. Entre todos eles sortearanse 16.200€ en premios. Os premios repartiranse en tarxetas prepago de 300 e 150€ e teñen que ser investidos en volver comprar no comercio de proximidade.

PARTICIPACIÓN

Pódese participar de dúas maneiras diferentes:

  • Rexistrando a compra en www.diasazuis.com
  • Coa colaboración do comerciante, a través da plataforma www.diasazuis.com/comercios onde rexistrará a compra dos seus clientes.

Comments are closed.