Días Azuís do Comercio Galego, Edición Outono

Días Azuis do Comercio Galego

dias azuis do comercio galego

A Xunta de Galicia e a Federación de Comercio de Galicia poñen en marcha unha nova edición da campaña Días Azuis do Comercio Galego.

Do 1 ao 20 de outubro, os consumidores que rexistren as súas compras en www.diasazuis.com entrarán no sorteo de tarxetas prepago de 150€ e 300€ que poderán gastar no comercio de proximidade galego.

Así mesmo, os comerciantes que queiran dar maiores oportunidades de gañar aos seus clientes poden tamén rexistrar as súas compras en www.diasazuis.com/comercio

O sorteo celebrarase o 24 de outubro na sede da Federación en Lugo. A entrega de premios terá lugar o 7 de novembro en Santiago de Compostela.

Comments are closed.