Premiados no sorteo de Campaña Días Azuis do Comercio Galego

O nome dos premiados no sorteo da Campaña Días Azuis do Comercio Galego deuse a coñecer no transcurso da mañá de onte.

Días Azuis do Comercio Galego

Esta edición dos Días Azuis do Comercio Galego tivo lugar entre o 13 e 26 de maio de 2019. No sorteo repartíronse 16.200€ en 28 premios de 300€ e 52 de 150€.

Este ano houbo un incremento na participación alcanzándose a cifra de 103.000 tickets rexistrados.

A entrega de premios realizarase o próximo 6 de xuño ás 19:00 horas no Salón Obradoiro do Hotel NH Collection de Santiago de Compostela.

Os agraciados poderán empregar os seus vales comprando en comercios de proximidade de Galicia.

Consulta aquí o nome de todos os gañadores

Comments are closed.