Damos a benvida a un novo socio

O Centro de Formación e Consultoría, CIX, pasou a formar parte da gran familia da Asociación Empresarial de Valdeorras.

Centro de formación

Actualmente son 273 os membros asociados a esta organización e que pertencen a todos os sectores profesionais da Comarca.

O Centro de Formación e Consultoría CIX fundouse no ano 2015. Entre os servizos que ofrece están:

  • Certificados de profesionalidade presenciais e online subvencionados ou privados financiados a través de Abanca
    1. SSCS0208 – Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais
    2. SSCE0110 – Docencia da formación profesional para o emprego
    3. SSCB0209 – Dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil
    4. IFCD0110 – Confección e publicación de páxinas web
      ….
  • Aluguer de aulas
  • Xestión e impartición formación bonificada a empresas.
  • Cursos a medida.
  • Adaptación da túa empresa á nova Lei de Protección de Datos en colaboración con Grupo Adaptalia.

O Centro de Formación e Consultoría Cix atópase no número 9 do Paseo do Malecón, local 6, no Barco de Valdeorras

Comments are closed.