Animación nas rúas para este “Nadal de Todos”

Animación nas rúas da man do grupo Nelson Quinteiro

Nelson Quinteiro

Dentro das actividades programadas para este “Nadal de Todos” organizado por AEVA e CCA O Barco, o grupo Nelson Quinteiro fará as delicias dos máis pequenos co seu espectáculo de rúa “O Bosque de Nadal” e que contará coa presenza de Papá Noel e o mismísimo Apalpador. Ambos personaxes estarán acompañados por 4 simpáticos elfos e xuntos percorrerán as rúas da vila.

A cita terá lugar mañá, venres 21 de decembro, a partir das 17:30 horas con saída desde a Praza do Concello.

¡Tres horas de diversión asegurada!

Comments are closed.