Los empresarios de Valdeorras celebran la Navidad con la campaña “Agasalla Valdeorras”

La Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) y el Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco, en colaboración con el Consello Regulador de la Denominación de Origen Valdeorras, lanzan la campaña navideña “Agasalla Valdeorras”.

En este 2020, marcado por la pandemia Covid-19, empresarios y comerciantes quieren transmitir un mensaje de unión, fuerza y esperanza. Además, la intención de ambas asociaciones es conseguir que los clientes apuesten por los productos de comercios y negocios de proximidad para hacer las compras navideñas.

Para promocionar “Agasalla Valdeorras”, AEVA y CCA O Barco elaboraron cartelería protagonizada por asociados voluntarios que prestaron su imagen para la misma, con el objetivo de transmitir una imagen cercana.

La campaña navideña “Agasalla Valdeorras” contempla las siguientes acciones:

– Un sorteo de 600€ en vales de compra, seis vales de 100€ cada uno, y de cinco estuches de vino de la D.O. Valdeorras, donados por el Consello Regulador. Para participar en el sorteo, los clientes deberán poner sus datos (nombre y teléfono) en el ticket de compra, que depositarán en una urna en los establecimientos participantes. La promoción estará vigente desde el día 5 de diciembre de 2020 hasta el día 7 de enero de 2021.

– Una carroza de Navidad recorrerá las calles de O Barco el miércoles, 23 de diciembre, por la tarde. En la carroza viajarán un Papá Noel, saludando a los más pequeños, y un DJ encargado de animar con su música el espacio comercial y de ocio.

– Los establecimientos participantes decorarán sus negocios con botellas de vino iluminadas con luces, árboles de Navidad y estrellas realizadas con corchos; que se repartieron en campañas anteriores.

– Para facilitar las compras navideñas, los comercios participantes en la campaña abrirán sus puertas los sábados 19 y 26 de diciembre, y 2 de enero, en horario detarde.

BASES DEL SORTEO DE LA CAMPAÑA “AGASALLA VALDEORRAS”

“1ª.- A Campaña “Agasalla Valdeorras” que organiza a Asociación Centro Comercial Aberto (CCA) O Barco con motivo da campaña Nadal 2020 levarase a cabo na comarca de Valdeorras no período comprendido entre o día 5 de decembro de 2020 e o día 7 de xaneiro de 2021, e consiste no sorteo de SEIS (6) TALÓNS de COMPRA por valor de 100 euros cada un, para investir nos establecementos asociados; e CINCO (5) ESTOXOS DE VIÑO da Denominación de Orixe Valdeorras.

2ª.- Quedan excluídos de participar no sorteo tódolos comerciantes que participan na campaña, así como os seus empregados, pais, fillos, cónxuxe/parella, e sogros.

3ª.- Os establecementos integrados no CCA O Barco que participan na campaña “Agasalla Valdeorras” pedirán ós seus clientes que cubran o ticket de compra co nome e teléfono de contacto para participar no sorteo dos seguintes premios:

• Seis (6) TALÓNS de COMPRA por importe de 100 € cada un

• Cinco (5) ESTOXOS de VIÑO doados pola Denominación de Orixe Valdeorras

Os clientes deberán participar da seguinte forma:

I. Coas compras comprendidas entre o 10 de decembro de 2020 e o 7 de xaneiro de 2021, os clientes poderán, se así o desexan, escribir no ticket de compra nome e teléfono para poder participar no sorteo. Os tickets cos datos dos clientes se depositarán nunha urna nos establecementos, que posteriormente entregarán ao CCA O Barco para celebrar o sorteo.
II. Iniciado o sorteo, procederase a sacar CINCO tickets que corresponderán cos cinco estoxos de viño cedidos pola Denominación de Orixe Valdeorras.Posteriormente, se extraerán SEIS tickets de compra, un por un, para obter os nomes que corresponderán cos seis talóns de compra por importe de 100€ cada un.
III. Ningún establecemento poderá entregar máis dun premio, motivo polo cal se anulará(n) o(s) ticket(s) premiado(s) no(s) establecemento(s) que previamente xa houbera(n) entregado un.

4ª.- O sorteo da campaña “Agasalla Valdeorras” celebrarase o día 15 de xaneiro de 2021, na sede do CCA na rúa España nº 1 de O Barco.

5ª.- Os premiados publicaranse nos medios de comunicación, así como nos establecementos que entregaron os boletos premiados e na páxina web do CCA O Barco (www.obarcoccaberto.com)

6ª.- Os agraciados, que serán avisados no teléfono que consta no ticket de compra premiado, disporán de quince días naturais, dende a data do sorteo, para aceptar o premio. O prazo para a aceptación rematará o día 30 de xaneiro de 2021, sendo obrigatorio que presenten o seu DNI e unha copia do mesmo.

7ª.- O(s) premio(s) que non sexa(n) aceptado(s) no prazo establecido quedará(n) deserto(s).

8ª.- A cada un dos agraciados se lle entregará un estoxo de viño da D.O. Valdeorras ou un talón de 100€ no que figurarán os establecementos que participaron na campaña e nos que poderán investir dito importe. Os premiados terán que investir o importe dos talóns no prazo de DOUS MESES, a contar dende a data de celebración do acto de entrega de premios.

9ª.- Os premiados teñen a obriga de recoller persoalmente os premios, motivo polo que quedarán desertos os que non sexan recollidos polo seu titular.

10ª.- A participación no sorteo supón a plena aceptación destas bases, así como a autorización á entidade organizadora para a utilización dos datos de identificación facilitados polos participantes nos boletos de participación, única e exclusivamente para os fins propios desta campaña. Esta autorización faise extensiva á imaxe dos gañadores para os efectos de publicidade do resultado da campaña. O incumprimento destas bases supón a privación de tódolos dereitos que podan derivar da participación na campaña.

11ª.- A Asociación Empresarial Centro Comercial Aberto O Barco xestionará os datos persoais facilitados polos participantes nesta campaña con estrito cumprimento de tódolos requisitos exixibles pola Lei orgánica 03/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais.
Os datos facilitados polos participantes que resulten premiados incorporaranse a un ficheiro automatizado, e serán utilizados, única e exclusivamente, para ditos fins previstos nas presentes bases. Non obstante, calquera dos participantes poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición por medio dunha comunicación escrita dirixida a: Asociación Centro Comercial Aberto O Barco, R/ España nº 1, 32 300 de O Barco de Valdeorras.

12ª.- O CCA O Barco resérvase o dereito a modificar total ou parcialmente estas bases, así como a suspender o sorteo, sen incorrer en ningún tipo de responsabilidade.”

Comments are closed.