AEVA e  CCA O Barco presentan a campaña de Nadal 2018

A presentación da campaña de Nadal 2018 tivo lugar  na oficina que comparten ambas asociacións

Baixo o lema “Un Nadal de Todos”, AEVA  e CCA O Barco presentaron a campaña de Nadal 2018,  na que colaboran o  CRDO Valdeorras e a Asociación Ruta  do Viño Valdeorras.

Nadal 2018

“Lanzar unha mensaxe de unión empresarial aos usuarios e clientes de Valdeorras, dun xeito  amable e próximo  aproveitando as datas do Nadal” é un dos obxectivos que persegue esta actividade de promoción,  así como “poñer en valor uno dos alicerces económicos e culturais de Valdeorras, o noso viño”.

A imaxe da campaña é unha fotografía tomada o pasado 17 de novembro con veciños de Valdeorras que acudiron á convocatoria realizada por AEVA e CCA O Barco.

Os establecementos asociados estarán decorados con árbores feitas con cortizas de botellas de viño e  botellas de viño reempregadas, con grilandas de luces. Deste xeito, os negocios  darán  visibilidade á campaña, ao mesmo tempo que amosarán a súa implicación coa industria vitivinícola e co enoturismo.

Nas actividades programadas  pretendese implicar tanto a particulares como a empresarios da  comarca, coa intención de “Apostar pola unión, por xuntarnos para ser máis fortes e mellores”

Jose Luís Pando, presidente do CRDO Valdeorras, quixo agradecer á Asociación Empresarial de Valdeorras e o Centro Comercial O Barco Aberto que, un ano máis, contásese coa súa colaboración, poñendo en valor o sector vitivinícola

Do mesmo xeito, Joaquín Sánchez, presidente da  Asociación  Ruta do Viño de Valdeorras, valorou positivamente a sinerxía que se está creando entre as diferentes asociacións, xa que “nesta unión é onde está o camiño”

Actividades que inclúe a campaña de Nadal 2018

  • Sorteo de 1.000 euros en vales de compra entre os clientes dos establecementos participantes.
  • Concurso de escaparates, no que se sortearán 200 euros entre as persoas que participen na votación do mellor escaparate a través das páxinas de Facebook de AEVA e CCA O Barco.
  • Animación nas rúas o día  21 de decembro, a cargo do grupo Nelson Quinteiro e o seu espectáculo “Ou Bosque de Nadal”
  • Papá Noel estará na mañá do sábado 24 de decembro, na praza do concello, para que os nenos poidan entregarlle as súas cartas, e sacarse fotos con el.

VER CARTEL DA CAMPAÑA EN PDF

Comments are closed.