Que Facemos

Que facemos en AEVA por ti?

  • Informamos e asesoramos sobre calquera cuestión que afecte as empresas en ámbitos como o laboral, fiscal, administrativo, etc.
  • Informamos e asesoramos sobre as distintas axudas e subvencións públicas.
  • Organizamos cursos de formación así como de reciclaxe empresarial.
  • Organizamos charlas e conferencias sobre temas de actualidade que afectan as empresas.
  • Deseñamos e planeamos campañas de promoción.
  • Asinamos convenios de colaboración con entidades financeiras, servizos de telefonía, gasolineiras, co fin de obter condicións máis beneficiosas para os asociados.
  • Coordinamos actividades coas asociacións sectoriais de ámbito provincial
  • Xestionamos ante a administración para a promoción do desenvolvo socio-económico de Valdeorras: Melloras en materia de infraestruturas (chan industrial, estradas, telefonía…) melloras nos servizos municipais e comarcais.
  • Mantemos presenza institucional en foros, asociacións para o desenvolvemento comarcal, institucións, organizacións empresariais…