AEVA

AEVA

AEVA, Asociación Empresarial de Valdeorras, constituíuse na asemblea xeral celebrada o día 30 de marzo de 1990. O seu primeiro presidente foi Carlos Terán Díaz. En abril de 1992 fué elixida presidenta Mª Carmen Rodríguez González. Mª Carmen renovou o seu cargo en 1996 ata o 2000. Sucédelle no cargo, desde 2000 ata 2008 Santiago Melo Moreno. En xullo de 2008 fué nomeado presidente Javier Rodríquez Paradelo, que mantivo o cargo ata maio do 2017. Posteriormente foi elixida para o cargo a actual presidenta, Araceli Fernández do Palacio.

Funcións

A Asociación creouse para representar, xestionar e defender os intereses dos empresarios asociados e favorecer o desenvolvemento socio-económico da comarca de Valdeorras, así como coordinar as súas actividades coas institucións públicas e privadas en favor da consecución de mellores infraestructuras e investimentos na zona.

Órganos de Goberno

Os órganos de goberno da Asociación son a Asemblea Xeral, formada por tódolos empresarios asociados, e a Xunta Directiva, na que están representados tódolos sectores productivos con implantación na comarca.

Na Asociación encóntranse representados os distintos sectores productivos implantados na comarca: comercio e servizos, construción e obras públicas, metal, madeiras, vitivinícola, transportes, hostalería, profesionais e grandes empresas.

Colaboracións

AEVA traballa en colaboración coas distintas institucións públicas e privadas – Concellos, Fundación Comarcal Valdeorras, Asociación Galega de Pizarristas, Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, Ruta do viño de Valdeorras, Asociacións Empresariais Sectoriais de ámbito provincial,… tanto nas actuacións que teñen que ver coa defensa dos intereses das empresas asociadas, como na organización de actividades e a posta en marcha de proxectos en favor da dinamización, divulgación xeración de novas actividades.

Axencia de Colocación

Desde o 1 de agosto de 2013 AEVA é centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galiza. Leva a cabo actividades de información, orientación e busca de emprego. Está situada na sede da Praza de Andrés de Prada

Ámbito de actuación

O ámbito de actuación da Asociación Empresarial de Valdeorras abarca a comarca de Valdeorras, porta natural de entrada a Galicia dende a Meseta, situada no extremo nororiental de Ourense limítrofe con Castela e León. Ten una extensión de 969 km2. Seus 30.000 habitantes repártense nos nove municipios que o integran: O Barco, O Bolo, Carballeda, Larouco, Petín, A Rúa, Rubiá, A Veiga e Vilamartín.