Un Nadal de Todos

UN NADAL DE TODOS

Apenas un mes sepáranos das festas do Nadal e, aínda que poida parecer que é moito tempo, no Centro Comercial O Barco Aberto e AEVA xa nos puxemos en marcha.

O Nadal é sempre unha data especial e é máis especial, se cabe, cando podes compartila con aqueles que che rodean. Por iso, queremos que todos, vós e nós, traballemos xuntos, que xuntos fagamos, destas, un Nadal diferente, e que sintades partícipes de todas as actividades e sorpresas que temos preparadas para vós nestas datas.

Un Nadal de Todos

Desde o CCA e AEVA solicitamos a colaboración de todos os comercios e de todos os valdeorreses para reunir o maior número posible de cortizas de botellas de viño, xa sexan novos ou usados, sintéticos ou naturais, e que usaremos para a decoración dos establecementos asociados.

Tamén queremos que sexades os protagonistas durante estas datas, así que estade atentos, por que vos pediremos que vos reunades todos nun lugar, un día e unha hora concreta, ataviados con motivos do Nadal, para facervos unha foto de familia que utilizaremos para o fondo do cartel do Nadal que decorará os nosos establecementos e que, para favorecer a súa divulgación, publicarase nas redes sociais. A convocatoria incluirá unha sorpresa para os asistentes.

Con esta iniciativa pretendemos ademais transmitir unha mensaxe de concienciación sobre a reutilización de residuos e comunicar a colaboración de AEVA e a Asociación Centro Comercial Aberto co Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, poñendo en valor uno dos alicerces económicos e culturais de Valdeorras: o noso viño
Porque queremos que este Nadal sexa “Un Nadal de Todos”

Comments are closed.