Reunión de AEVA e CCA coa Directora Xeral de Comercio

A reunión coa Directora Xeral de Comercio tivo lugar o pasado 30 de outubro en Santiago de Compostela

Dirección_Xeral_Comercio

O pasado mércores, representantes da Asociación Empresarial de Valdeorras e do Centro Comercial O Barco Aberto desprazáronse a Santiago de Compostela onde foron recibidos pola Directora Xeral de Comercio e Consumo de la Xunta, Sol María Vázquez Abeal, para tratar temas relacionados co desenvolvemento do comercio na comarca.

Durante a reunión, a Directora Xeral de Comercio mostrouse moi interesada na realización de plans de desenvolvemento para dinamizar o comercio na comarca e destacou a necesidade de crear e utilizar a marca “Valdeorras” para este fin.

Comments are closed.