Resultado do I Concurso de Maridanza

Os restaurantes  PIQUIÑO e  IL  PIACERE  resultaron  gañadores  do I Concurso de  maridanza polas súas propostas de maridaxe con branco e  tinto da D.O Valdeorras.

Gañadores do I Concurso de Maridanza

O PIQUIÑO Restaurante  elaborou, segundo o criterio do Xurado, a  mellor maridaxe do seu primeiro prato, “Bolos de vento  de bacallau  con “coiras”, co viño branco  Godello sobre Lias Pedrazais, da adega Alan de Val.

Pola súa banda, o gañador da mellor maridaxe con tinto foi  IL  PIACERE, pola maridaxe de “Canutillos de chacina con foie e confeitura” co viño tinto Mencía Barrica Cóbados de Larouco, da adega Viña Costeira.

Os 6 membros do Xurado, que a continuación se especifican, mostráronse satisfeitos co alto nivel dos pratos presentados a concurso que, xunto coas maridaxes  propostas, non lles puxo nada fácil a elección dos gañadores

  • Mercedes González. Sumiller, Xerente Asesoría Gastronómica  MEmbajadora, Directora Técnica revista “Viños e Cultura” e presidenta de “ Vitislucus”- Expertos en Análises Sensoriais e  Enoturismo.
  • Maria Bo  Seguín, de Galicia en Viños  de Faro de Vigo
  • Carmen Fernández, de Revista Vinetur, A Catro Mans Comunicación, Clúster de Turismo. Representante para Galicia de AEPEV (Asociación Española de Xornalistas e Escritores do Viño)
  • Jesús Rodriguez Carreiras,Profesor de Servizos en Restauración na Escola de Hostalería de Lugo IES Sanxillao
  • José Luis Casas Vallés, catador e membro do Comité de Cata do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras
  • Elisa Pérez González, Enóloga, da Consultoría Enolóxica Cecilia Fernández

Esta primeira edición do Concurso de  Maridanza, enmarcado dentro das XX Xornadas Gastronómicas do Entroido, tivo boa acollida tanto por parte dos hostaleiros como por parte do público que acudiu a degustar os menús.

Resultado do I Concurso de maridanza

As maridaxes propostas polos restaurantes participantes foron os seguintes:

Pazo do Castro

Prato: Empanada aberta con verduras, galo de curral e castañas

Vino maridaxe: Godello Brinde de Adega  Roandi

A Querida

Prato: Ameixas á mariñeira

Vino maridaxe: D`Berna  Godello, de Adega D`Berna

Cafetería Restaurante Fernando III

Prato: Cazola de lagostinos ao allo, con champiñóns e  gulas

Vino maridaxe: Guitián   Godello

Chanfainas

Pratos: Croquetón de  botelo e ensalada tépeda de  xoubas

Vino maridaxe: Flavia de Adega  Roandi

Cociña  do Lar

Prato: Ameixas á mariñeira

Vino maridaxe: D` Berna  Godello, de Adega D´ Berna

Casa Galaica

Prato: Croquetas de cocido

Vinp maridaxe: Viñadero  Godello, de Adega Santa Marta

Comments are closed.