Remata o curso de Primeiros Auxilios na Contorna Laboral

Remata o curso de Primeiros Auxilios impartido nas aulas de formación de AEVA

O pasado 28 de xuño remataron as clases do curso de Primeiros Auxilios na Contorna Laboral. Un total de 13 alumnos acudiron ás aulas para recibir formación.

Remata el curso de primeros auxilios_1

O curso, impartido por Leonardo David Domínguez Alonso, Técnico en Emerxencias Sanitarias e Instrutor RCP- DESA, enmárcase dentro das accións formativas do proxecto AEVAempregaTE.

Ao finalizar o curso todos os alumnos deron conta da importancia que ten adquirir este tipo de coñecementos. Aínda que o curso fíxoselles curto, xa que lles gustase ter máis horas de prácticas, recoméndano sen ningún tipo de dúbidas. Cren que estes  coñecementos básicos de primeiros auxilios son necesarios para calquera destinatario,  e que se deben realizar cursos de reciclaxe cada certo tempo.

O docente conseguiu que as clases resultasen moi amenas, desenvolvendo a materia de maneira práctica e participativa, para conseguir que os coñecementos adquiridos teñan aplicación real. Deste xeito, os alumnos puideron practicar diferentes tipos de vendaxes, manobras de emerxencias, reanimacións e técnicas de mobilización, etc. Gustaríalles que se realizase unha continuación do curso para profundar máis en diferentes temas.

O obxectivo xeral deste tipo de accións formativas é dotar ao alumno das técnicas e coñecementos sanitarios adecuados para actuar, en calidade de primeiro interveniente, ante calquera urxencia ou emerxencia. O alumno debe ser capaz de administrar eficientemente os primeiros auxilios ao accidentado, analizando as principais causas do accidente, neutralizando os riscos da situación, estabilizando ao paciente…

Remata el curso de primeros auxilios_2 Remata el curso de primeros auxilios_3

 

 

 

 

 

 

 

 

O curso de Primeiros Auxilios na Contorna Laboral estivo financiado pola Deputación Provincial de Ourense e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE)

Comments are closed.