O proxecto da circunvalación de O Barco licitarase neste ano

Noticia do Diario O Sil

O ministro de Fomento asegura que o proxecto da circunvalación do Barco licitarase neste ano.

Anunciábao durante a visita que realizaba a Ourense o 7 de maio, na que tamén explicaba en qué momento están cada un dos tramos da A-76

A conexión entre a N-120 e N-536 no Barco, a autovía A-76 ou o enlace na Rúa coa N-120. Son algunhas das infraestruturas ás que facía referencia o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, na visita que realizaba ao Concello de Ourense na mañá do 7 de maio con motivo da presentación dun selo dedicado ao centenario da Ponte Nova.

proxecto-da-circunvalacion-de-O-Barco

Ademais de detallar as actuacións e os prazos referentes á liña de alta velocidade entre Galicia e á Meseta, entre outras, o ministro sinalaba a importancia do proxecto de circunvalación do Barco, “unha das infraestruturas demandadas na provincia, e na que estamos traballando na fase final con vistas a poder licitar neste 2018 as actuacións”.

De la Serna tamén mencionaba en qué situación están cada un dos tramos previstos da autovía A-76, que conectará Ponferrada con Ourense. “O tramo entre Villamartín de la Abadía e Requejo (León), cun investimento de 100 millóns de euros, conta xa co período de exposición pública e estamos coa elaboración do informe de contestación ás alegacións. O tramo entre Requejo e A Veiga de Cascallá (Rubiá) atópase tamén en redacción e no último tramo ata O Barco de Valdeorras (41 millóns de euros), aprobouse o expediente correspondente á información pública”.

Foto: Carlos G. Hervella.

Ver noticia no diario O Sil

Comments are closed.