V Noite dos Descontos na Rúa

V edición da Noite dos Descontos na Rúa organizada por  AEVA en colaboración co Concello da Rúa. 

Noite dos Descontos

A Noite de Descontos terá lugar o próximo 7 de xuño en horario de 20:00 a 00:00 horas. Durante esa noite, os clientes poderán gozar de descontos en mercadoría de tempada. Ademais, poderán degustar aperitivos e bebidas nos propios comercios.

A animación musical da xornada correrá a cargo da Banda de Gaitas Abertal e a Charanga Sorcha.

Participantes V Noite dos Descontos

Os comercios que participan na edición deste ano son:

  1. Deportes Aris
  2. Perfumería Compostela
  3. Mercería Raquel
  4. Confecciones Rosendo
  5. Tri-Sport
  6. Okre
  7. Fios
  8. Arnaveca Comunicación

Comments are closed.