O Nadal chega a Valdeorras máis cedo que nunca

O Nadal máis madrugador chega a Valdeorras

nadal 2019

O Centro Comercial Aberto O Barco e a Asociación Empresarial de Valdeorras dan inicio á Campaña Do Nadal.

Un ano máis, solicitan a colaboración cidadá para unirse á foto que servirá de fondo no cartel do Nadal

Tras a boa acollida desta iniciativa na anterior convocatoria, ambas as asociacións decidiron repetir a experiencia e volven solicitar a colaboración de todos os valdeorreses que desexen formar parte da foto que ilustrará o cartel da nova campaña do Nadal.

O único requisito para formar parte da instantánea é acudir ao lugar ataviados con algún motivo do Nadal.

A cita terá lugar o próximo 25 de outubro, ás 17:30 horas, no Paseo do Malecón (Esquina Rúa Pescadores)

Para finalizar o evento sortearanse agasallos entre os asistentes.

Comments are closed.