“Creación de Produto Enoturístico” en Valdeorras: novo mercado, nova mentalidade e nova cultura empresarial

Noticia do Diario Dixital Creando tu Provincia

O pasado 21 de xuño finalizou o curso de enoturismo “Creación de Produto Enoturístico” organizado pola Asociación Empresarial de Valdeorras, financiado pola Deputación Provincial de Ourense e Inorde e coa colaboración da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras.

producto-enoturistico

Unha vintena de asistentes procedentes de distintos sectores, turismo, adegas, hostaleiros e outros interesados no programa AEVAempregaTE , asistiron á formación teórico- práctica, de onde se concluíron, pese ao reducido tempo, sete proxectos enoturísticos, a cada cal máis ambicioso , creativos e orixinais.

Basicamente unha pequena inxección de ánimo ou a cofinanciación de entidades públicas tanto locais como provinciais ou rexionais, xunto á iniciativa privada, constituirían un importante motor no desenvolvemento do enoturismo da comarca. Os alumnos están capacitados para levalos á práctica e mesmo se pode exportar a outras zonas. A implicación foi ao 100%.

Tanto na presentación como en clausúraa estiveron presentes Araceli Fernández e Joaquín Sanchez, presidentes de AEVA e Asociación Ruta do Viño de Valdeorras, respectivamente. A docente foi a catadora Mercedes González, experta en formación e comunicación que preside Vitislucus- Expertos en Análise Sensorial e Enoturismo.

Nesta primeira edición as adegas elixidas para visitar tiveron vinculación cos asistentes ao curso, abríronnos as súas portas e, sempre esperando unha crítica construtiva para seguír crecendo, valla como exemplo a mesa de debate generenada na adega Alan de Val da man dun dos seus propietarios, presidente á súa vez da Ruta; o orgullo polo viñedo que celebramos cun espumoso elaborado polo método tradicional na capela da adega Roandi; o concepto de viño de garaxe de Enrique Mallo, herdado da paixón transmitida de pai, e Godeval falounos do proxecto Revival na envexable contorna do chamado Mosteiro de Xagoaza.

O complexo Hostaleiro A Calzada mostrounos o seu proxecto de traballo: hotel , restaurante e “ As Casiñas”; outra maneira de gozar de Valdeorras de poderes case ilimitados onde chégase por un tramo da Via Nova e que remata nunha ruta de “Covas” en Arcos.

Tres grutas que a pleno sol acolléronnos co frescor que no SXVIII esperábase das mesmas. Xunto a estes pedacitos de historia non pasaron desapercibidos o catálogo de pontes e outros moitos monumentos da zona, así como do seu afamado rio Sil, ao que todos acudimos baixo o poder atrayente da auga.

Non faltou a visión do Consello Regulador da D.Ou Valdeorras, da man do seu director técnico, Jorge Mazaira; puidemos gozar da cata dos distintos perfís dos viños representativos da D.O, así como unha visión da historia e o labor do Consello Regulador. Tanto se dá por sabido, que é sumamente gratificante a paixón con que se recibe nova información ou como se presume de terruño.

Ver noticia completa no Diario Creando tu Provincia

Comments are closed.