AEVA entrega os premios do seu I Concurso de Maridanza

AEVA entrega os premios aos gañadores do seu I Concurso de Maridanza.

Premios do I Concurso de Maridanza do Entroido

O Concurso de Maridanza celebrouse entre os días 28 de febreiro e 9 de marzo con motivo da celebración das XX Xornadas Gastronómicas do Entroido.

Este proxecto piloto naceu coa intención de cumprir unha serie de obxectivos:

  • Relacionar a gastronomía co viño da DO Valdeorras
  • Fomentar o coñecementos do sector vitivinícola entre o público
  • Introducir aos restauradores nas técnicas e coñecemento da maridaxe

Desde AEVA consideran que estes obxectivos foron alcanzados.

Os 8 restaurantes participantes recibiron a felicitación pola súa dedicación e esforzo. Grazas a isto conseguiron que o xurado profesional valorase de forma moi positiva a proposta de todos eles.

A participación do xurado profesional, dos que 4 dos seus membros, eran de fóra da comarca. Isto serviu para dar a coñecer e divulgar a oferta gastronómica e os viños da DO.

Tanto nos medios de comunicación como nas redes sociais a difusión deste primeiro concurso foi moi alta, o que garantirá unha maior participación en futuras edicións.

Premiados no I Concurso de Maridanza

Os premiados foron:

  • Piquiño Restaurante. Premio á mellor maridaxe con viño branco da DO Valdeorras polos seus Bolos de vento de bacallau con coiras maridado con Godello sobre leas Pedrazais da adega Alan de Val
  • Il Piacere Gastrobar. Premio á mellor maridaxe con viño tinto da DO Valdeorras polas súas Canutillos de cecina con foie e confeitura maridado cun Mencía barrica Codos de Larouco da adega Viña Costeira.

Entrega premio a Piquiño Restaurante Entrega premio a Il Piacere

 

 

 

 

 

 

Ambos gañadores recibiron trofeo, diploma e caixa do viño que utilizaron para a maridaxe.

CCA O Barco, a DO Valdeorras e a Ruta do viño de Valdeorras colaboraron na organización deste concurso

Mira aquí o resultado do concurso

 

Comments are closed.