A plataforma da A-76 teme unha desaceleración do proxecto

Noticia do Diario La Región

Os empresarios das comarcas de Valdeorras, o Bierzo e Lemos non queren que os cambios rexistrados no Goberno central afecten os trámites previos ao comezo das obras de construción da autovía que comunicará Ponferrada con Ourense. A substitución no Executivo de Madrid produciuse cando todo está listo para que o Ministerio de Fomento licite o primeiro tramo da infraestrutura: O Barco-A Veiga de Cascallá. Os axentes sociais non queren novos atrasos, e por iso convocaron á comisión de seguimento da plataforma Prol A-76. Pretenden convencer aos novos gobernantes da necesidade de que esta sexa unha realidade o máis axiña posible.

autovia-a76

A comisión de seguimento da plataforma está formada polos alcaldes dos concellos do Barco, Ponferrada e Monforte e os representantes empresariais das comarcas de Valdeorras, o Bierzo e Lemos. Nesta ocasión, a iniciativa da convocatoria partiu da Asociación Empresarial de Valdeorras ( AEVA), que preside Araceli Fernández do Palacio, pero serán os seus homólogos bercianos quen ultime os detalles da cita co Concello de Ponferrada, pois a quenda de acoller o encontro correspóndelle á cidade leonesa.

El gerente del Círculo Empresarial Leonés, Jorge Vargas Álvarez, confirmó el traslado a la Alcaldía de Ponferrada de la petición y está a la espera de que el Ayuntamiento le transmita la hora, el día y el lugar de la reunión de la comisión. En todo caso, confía en que esta no se demore y pueda desarrollarse en los próximos días.

Artículo de José M. Cruz

Ver noticia completa no Diario La Región

Ver noticia en PDF

Comments are closed.