PROGRAMA OPERATIVO DE EMPREGO XUVENIL

PROCEDEMENTO: TR352C Subvencións para a contratación de traballadores desempregados pola entidades sen ánimo de lucro. Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Descrición do Programa:
Con data 20/07/2016 ditouse pola Secretaría Xeral de Emprego, RESOLUCIÓN pola que se outorga unha subvención, con cargo a aplicación orzamentaria 09.41.322A.481.0, a esta entidade ASOCIACIÓN EMPRESARIAL DE VALDEORRAS, a través da cal, a partires do día 26 de setembro de 2016 e durante 7 meses, contratamos a tres mozos desempregados inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do denominado “SERVIZO DE APOIO INTEGRAL AS EMPRESAS PARA INCREMENTAR A SÚA COMPETITIVIDADE E FOMENTAR O EMPREGO EN VALDEORRAS”.

Obxectivos :
Apoio no reforzo dos servizos que se prestan ás empresas de Valdeorras para propiciar unha mellor competitividade a través do uso das novas tecnoloxías da comunicación, o fomento do emprego, a intermediación laboral e a mellora da capacitación profesional.

Financiación:
Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5., Prioridade de investimento 8.2., Obxectivo Específico 8.2.4., Medida 8.2.4.2.

sin-titulo