ORIENTACIÓN LABORAL

cartel-orientacion-640x453

 

O SERVIZO:
AEVA é una das entidades que realiza accións de orientación profesional para o emprego e asistencia para o autoemprego articuladas en itinerarios personalizados de inserción profesional e dirixidas a mellorar as posibilidades de ocupación das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, a través do persoal técnico de información, orientación e prospección de emprego, no ámbito da colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria coas entidades locais e entidades sen ánimo de lucro, como instrumento para promover a configuración dunha rede especializada na mellora da empregabilidade e ocupabilidade das persoas demandantes de emprego inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
O Servizo de Orientación Laboral está baseado no seguinte obxectivo: facilitar ás persoas atendidas, demandantes de emprego, que poidan situarse en mellor posición e de forma máis competitiva ante un determinado mercado laboral de referencia. Neste senso as orientadoras axudan ao demandante a reflexionar sobre os seus obxectivos profesionais e as competencias das que dispón para obtelos, facilítandolle a comprensión do mercado laboral e os sistemas de formación que existen na actualidade.
O servizo funciona cunha metodoloxía eminentemente práctica no que as accións desenvoltas proporcionaron un servizo de orientación laboral integral, onde o coñecemento do mercado laboral, a motivación, o autocoñecemento pero tamen a labor de AEVA como intermediadora entre os empresarios e os usuarios, desenvolveron un rol fundamental para conseguir unha pronta reinserción.

FUNCIÓNS ESPECÍFICAS:
– Coordinación coa oficina de emprego para atender ás persoas demandantes de emprego.
– Atención especializada e individualizada a cada persoa usuaria do servizo, e ten como finalidade a elaboración dunha diagnose inicial para, a partir da mesma, poder artellar o propio itinerario personalizado de inserción, no caso oportuno.
– Xestión de itinerarios individuais personalizados: deseñar, realizar e facer seguimentos dos itinerarios individuais e personalizados de emprego que inclúen unha proposta de derivación de accións.
– Captación e á xestión de ofertas de traballo para dispor dunha bolsa de emprego actualizada, dinámica e útil, que permita a inserción laboral e a mellora profesional no menor tempo posible.
– Envío periódico de ofertas vía mailing.
– Elaboración e envio dun dossier de ofertas de emprego semanal.
– Actualización da páxina web de AEVA coa información do servizo de orientación.
– Elaboración dun diagnose formativo por usuario.
– Realización de prospección de empresas e contactos continuos cos empresarios.
– Asesoramento personalizado en materia de autoemprego, consultas,…….
– Proporcionar información para dar de alta aos usuarios na axencia de colocación de AEVA
– Formación: organización de cursos que contribúen a mellorar a posición no mercado laboral.
– Fomento do autoemprego como unha alternativa ao desemprego: información e apoio no tramite de subvencións, axudas a fondo pérdido, etc.
– Fomento da economía social como outra forma de emprendemento.