Programa Operativo de Emprego Xuvenil

PROCEDEMENTO: TR352C Subvencións a entidades sen ánimo de lucro  para a contratación de mozos  desempregados inscritos no Sistema Nacional  de Garantía  Xuvenil para a realización de servizos de interese xeral e social.

Descrición do Programa:
Con data 21/11/2017 ditouse pola Secretaría Xeral de Emprego, Resolución pola que se outorga unha subvención, con cargo a aplicación orzamentaria 09.40.322C.481.5, á  entidade ASOCIACIÓN EMPRESARIAL DE VALDEORRAS, a través da cal, a partires do día 19 de decembro de 2017,  e durante 7 meses, contratamos a dúas mozas desempregadas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do denominado “SERVIZO DE APOIO  AS EMPRESAS  PARA INCREMENTAR A SÚA COMPETITIVIDADE E OS TRABALLADORES/AS DESEMPREGADO”..

Obxectivos :
Apoio no reforzo dos servizos que se prestan ás empresas de Valdeorras co obxectivo depropiciar unha mellor competitividade do tecido  empresrial na comarca e fomentar o emprego en Valdeorras.

Financiación:

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.